jueves, 26 de marzo de 2020

PELO (Programa de estimulación da linguaxe oral)

Ola! Nesta entrada amósovos varias actividades que podedes facer na casa para practicar a vosa conciencia fonolóxica, semántica, articulación e sopro de forma lúdica: 


ACTIVIDADES DE CONCIENCIA FONOLÓXICA


    PROCURA DO TESOURO DAS LETRAS: Esta actividade consiste en escribir nun folio unha letra, por exemplo a letra A e buscar por toda a casa algún obxecto que comece por esa letra e xuntalos todos nese folio. Comenzaremos polas vogais e continuaremos polo M, P, R e S.
     
AS CARTAS DAS LETRAS: Para realizar esta actividade, primeiro escribimos as letras (vogais, M, P, R, T e S) en tarxetas cun tamaño aproximado dun cuarto de folio; cando as teñamos poñémolas boca abaixo e imos levantando dunha nunha. Con cada letra que saquemos temos que dicir o nome dun obxecto, animal, comida... que comece por esa letra. Por exemplo co T, tomate. (Non vos esquezades dos nomes que dixestes, van ser moi útiles no seguinte xogo).
     

MEMORY: Agora gardando as tarxetas das letras da actividade anterior, imos debuxar noutras tarxetas do mesmo tamaño as palabras que dixemos na actividade anterior. Cando as teñamos todas, xa o teremos todo listo para xogar ó Memory. Sabedes como se xoga? Poñemso todas as cartas cara abaixo e iremos levatando dunha nunha ata que consigamos todas as parellas (letra-debuxo), asi qeu fíxate ben e recorda onde estaban todas as letras e debuxos que levantaches ata completar o xogo. 


     VEXO, VEXO....QUE VES?: Xogo tradicional onde temos que xogar mínimo dúas persoas. O dialogo que tedes que dicir en todas as rondas é:
  • Vexo, vexo!
  • Que ves?
  • Unha cousiña 
  • E que cousiña é?
  • Empeza pola letra.... Que será?
  • ....


ACTIVIDADES DE SEMÁNTICA


  O CHIMPÍN VAI CARGADO DE....: Esta actividade é grupal, para iso tedes que xogar con todos os membros da familia, colocarvos en círculo e ir pasando o chimpín mentres ides dicindo o nome de froitas, por exemplo. O que comeza o xogo será o encargado de dicir o grupo semántico sobre o que tedes que xogar. Ollo! non serve repetir o nome que xa dixera outro xogador, asi que prestade moita atención!
     
 IMOS AO SUPERMERCADO!: Con este xogo interactivo podedes traballar moito vocabulario relacionado co supermercado. O xogo consiste en ir colocando as distintas pegatinas no lugar axeitado. Tamén escoitaredes o nome en alto do produto para traballar á vez a comprensión oral. Animádevos, xa veredes que é moi divertido! Preme no enlace para empezar a xogar....



 


ACTIVIDADES DE SOPRO


    CIRCUITO DE SOPRO: Para practicar o sopro na casa, só necesitamos uns paos/plastilina/depresores ou calquera outro material que atopedes pola casa para darlle forma o circuíto que vos mesmos crearedes, unha boliña de papel e unha palliña. Unha vez teñamos todo o necesario para o circuíto e montado, poñeremos a boliña de papel na zona de saída e a través da palliña sopraremos ata chegar á meta.


     A PIPA DO SOPRO: Para realizar esta actividade necesitamos empregar material reciclado como: unha botella pequena de auga, unha boliña de papel de aluminio e unha palliña. Unha vez teñamos todo estes materiais, comezaremos a montar o noso xoguete con axuda dun adulto. 
     Pasos a seguir:

  1. Recortamos a parte superior da botella. Moi importante: debemos cubrir con celo a parte por onde cortamos ca tesoira para evitar posibles cortes no momento do xogo.
  2. Facemos un burato no tapón da botella do tamaño da palliña cunha tesoira.
  3. Cortamos un pouco os extremos da palliña.
  4. Facemos unha boliña con papel de aluminio.
  5. introducimos a palliña polo burato e colocamos a pelota dentro.
  6. e a xogar! Sopramos pola palliña controlando o sopro nin moi forte nin moi débil para manter a boliña dentro da cunca da botella.






O BARCO DO SOPRO: Para realizar esta actividade necesitamos o fondo da botella que imos usar como un barquiño. Poñemos este barquiño nun cubo cheo de auga e sopramos, primeiro baleiro e logo imos engandindo boliñas de aluminio. Pero como as engadimos? Para engadilas empregaremos unha palliña e faremos aspiración con ela de maneira que temos as boliñas nunha cunca e para collelas succionaremos como cando bebemos pola palliña; mantemos esa succión ata que cheguemos ó barco e a soltemos. 
     Para ampliar esta actividade o adulto ou persoa co que xogue con neno/a pode indicarlle o número de boliñas que metemos no barquiño e así tamén estaremos traballando os números e a comprensión oral.
   Moi importante: As boliñas de papel de aluminio deben ser do tamaño dunha canica e estar ben compactas. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

PRESENTACIÓN

PRESENTACIÓN